lunes, 26 de mayo de 2008

sábado, 24 de mayo de 2008

Próximas actividades

Para información das nosas socias, de cara as suas preferencias, detallamos as actividades pendientes, co as fechas correspondentes:


Viaxe a Zaragoza do nove o doce de setembro:

Día nove: Saída de Burela, e chegada a localidade de Zuera, aloxamento de tres noites, en réxime de media pensión no Hotel Las Galias.

Días dez e once: Visita a Expo.

Día doce: Visita a cidade e á Basílica do Pilar e regreso a Burela, na tarde noite.

As interesadas/os en viaxar con nosoutros, poden informarse, os xoves no noso local, a partir das cinco e media da tarde. Esperamos ter bon viaxe.

Día 9 de xuño: Iniciación dun curso de repostería, impartido por Magdalena Río.

Outubro: Nestas fechas, iniciamos coma sempre, as nosas actividades, que según as nosas previsións serán cursos de pintura en óleo, bolillos, tapicería, bordado, yoga, etc.

Neste més de outubro, teremos a nosa Asamblea Xeral anual, donde todas teremos ocasión de comentar e dar opinión, sobre as actividades a realizar.

Apertura de blog da Asociación Amas de casa Burela

A Asociación de Amas de Casa "Praia da Marosa", creouse a primeiros dos anos oitenta, co fin de asociar as amas de casa para que mediante unha organización programada, lles fora mais doado acceder, o mundo cultural e de formación.

Con éste fin, o largo da sua historia, organizaronse moitos cursos como Corte e confección, iniciación e perfeccionamento de galego, cociña, yoga, traballos en estaño, pintura o óleo é en tela, bolillos, bordado, etc.

A Asociación , temen organizou viaxes de turismo, e culturais, como as excursions ás Exposicions Universais de Sevilla, Lisboa, é proximamente a de Zaragoza.

Tamén visitamos Santiago de Compostela, para ganar o xubileo, nos anos correspondentes.

Dispoñemos de un local propio, sito na C/ do Río nº 9, donde nos reunimos todos os xoves, para organizar a nosa andaina, cara as metas que a Asociación quere acadar.

O propósito da Asociación, é que nun futuro, ésta entidade sexa un punto de consulta e referencia para a integración da muller, en todos os ámbitos.